Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

A familia da pontevedresa Sonia Iglesias non perde a esperanza de atopala con vida

PONTEVEDRA> A portavoz da familia compareceu ante os medios de comunicación para transmitir unhas palabras de agradecemento a todos os que están colaborando na investigación. Isabel Martínez cofensou que non perden a esperanza de atopala con vida e confían na labor que está realizando a Policía Nacional. Ademais, unhas 3.000 persoas asistiron á manifestación, que se celebrou, tras quince días sen ter novas de Sonia, por diferentes rúas de Pontevedra

 

 + máis    

 

Os veciños de Bamio volven protestar contra o cura párroco Imprimir Correo electrónico
Xoves, 02 Xullo 2009

VILAGARCÍA> Os veciños de Bamio reuníronse esta tarde para manifestarse en contra do seu párroco.

O problema xurdiu cando o cura se negou a celebrar misas os días de festa, unha situación que veñen arrastrando dende longo. Todo comezou fai un ano cando os veciños non aceptaron que o cura se quedase con todas as copias das chaves da capela de San Xoán pertencentes á comisión de festas.

A poboación de Bamio pide un cambio de actitude por parte do párroco ou a súa destitución, xa que afirman, piden algo tan esencial como é a celebración das misas. A falta de respostas tras un ano de loita, fai que estes veciños comecen a perder a esperanza ante un posible cambio. Algúns deles consideran que esta situación se debe a unha falta de unión por parte dos mesmos.

Agora só lles queda esperar para que pronto recuperen as súas misas os días de festa.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
DEPORTES

VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

¿ Como sintonizarnos en TDT ?
tv á carta
CORPORATIVO

CANALRIASBAIXAS súmase o apagón analóxico

CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

 

unidad_mobil_recortada_100.jpg

 

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif