| Os veciños de Bamio volven protestar contra o cura párroco |
|
|
| Xoves, 02 Xullo 2009 | |
|
VILAGARCÍA> Os veciños de Bamio reuníronse esta tarde para manifestarse en contra do seu párroco. O problema xurdiu cando o cura se negou a celebrar misas os días de festa, unha situación que veñen arrastrando dende longo. Todo comezou fai un ano cando os veciños non aceptaron que o cura se quedase con todas as copias das chaves da capela de San Xoán pertencentes á comisión de festas. A poboación de Bamio pide un cambio de actitude por parte do párroco ou a súa destitución, xa que afirman, piden algo tan esencial como é a celebración das misas. A falta de respostas tras un ano de loita, fai que estes veciños comecen a perder a esperanza ante un posible cambio. Algúns deles consideran que esta situación se debe a unha falta de unión por parte dos mesmos. Agora só lles queda esperar para que pronto recuperen as súas misas os días de festa. Redacción Salnés |






