|
A Xunta rebaixará o canon a pagar á concesionaria da autovía do Barbanza |
|
Luns, 10 Agosto 2009 |
|
BARBANZA> A medida manterase ata que Sacyr solucione tódalas deficiencias que presenta a estrada e remate a obra.
Hai oito meses que a autovía do Barbanza se abreu ó tráfico sen que a obra estivese totalmente rematada e cun trazado que neste tempo veu presentado diferentes problemas de tipo estrutural. Os máis importantes, os que afectan á drenaxe da calzada, xa que nos días de chuvia a auga tende a acumularse na superficie da vía. Ademáis falta por construír algúns accesos e pistas auxiliares. É por isto que a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reducirá a contía a pagar á empresa concesionaria das obras mentres a autovía non estea totalmente acondicionada.
Segundo o contrato con Sacyr, a obra vaise financiando pouco a pouco, cobrando un canon polo número de vehículos que transitan pola vía durante os trinta anos que dura a concesión. Nestes momentos os operarios xa están a traballar nos problemas de drenaxe coa apertura de novas arquetas e o ranurado da capa asfáltica. Tamén se construirá un cuentón no Sar, á altura de Padrón, para evitar os constantes anegamentos. Estas actuacións completaranse coa construcción do ramal da Pobra Norte e a rotonda na AC-305 que conecta con este enlace, así como o remate do paso superior de Cespón e o enlace Rois-Imo. A Xunta calcula que todas estas deficiencias poderían estar resoltas antes de que finalice o ano.
Redacción Salnés
|