|
Vilagarcía adxudicará esta semana o seu plan de mobilidade |
|
Martes, 11 Agosto 2009 |
|
VILAGARCIA> O Consello da Xerencia de Urbanismo, acordou esta mañá en asemblea seguir de preto a problemática do tráfico neste concello e a súa...
... futura ordenación. Para isto, adxudicarase en breve un Plan Municipal de Mobilidade co que se buscará facer un estudio completo do tráfico na cidade para poder así redistribuílo para mellorar a súa fluidez e converter este espazo nun lugar máis accesible e seguro.
Precisamente, será o Consello da Xerencia de Urbanismo o encargo de asumir o estudio e implantación deste plan para intentar así acadar un maior consenso entre as distintas forzas políticas municipais.
Este Plan de Mobilidade contará cun orzamento de entre os sesenta e os setenta mil euros e cun prazo de execución de doce meses a executar por fases; o que posibilitara ir acometendo as actuacións máis urxentes sobre a marcha se fose mester.
Redacción Salnés
|