Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow A gardería de Ribadumia estrea as novas aulas
 
 
A gardería de Ribadumia estrea as novas aulas
Venres, 20 Novembro 2009

RIBADUMIA> A gardería de Barrantes estreou a principios deste mes dúas novas aulas, unha para nenos de 0 a 1 anos, e outra para os de 1 a 2.

A alcaldesa Salomé Peña visitou esta mañá o centro para ver o resultado das obras de ampliación. Con esta actuación, a gardería ten xa capacidade para atender a tódolos nenos matriculados este ano. Arestora hai 95 nenos de cero a 3 anos de idade, que se distribúen en sete aulas.

A gardería de Barrantes estaba a ter problemas para atender tódalas peticións de praza, sobre todo para os bebés que nacían na segunda metade do ano, polo que desde a dirección están satisfeitos con esta ampliación.

O Concello de Ribadumia investiu nesta actuación 125 mil euros. Amais das novas aulas, tamén se está a mellorar o patio de recreo exterior, a través dun convenio co centro. O patio estase a recubrir de formigón, e por riba poráselle caucho para maior seguridade dos nenos.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?