| Dende onte martes Canalriasbaixas emite exclusivamente en dixital dende Xiabre |
|
|
| Martes, 19 Xaneiro 2010 | |
|
Canalríasbaixas procedeu onte ó seu apagón analóxico. O noso repetidor de Xiabre que ven emitindo na Canle 47 de UHF dende 1994, pasou a facelo exclusivamente na TDT, na mesma ubicación, na Canle 47. Este cambio significa un paso cara o futuro e beneficiará ós nosos telespectadores que reciban o sinal de televisión dende Xiabre ó que sucede fundamentalmente nos concellos da comarca de Caldas,(Pontecesures, Valga, Moraña, Cuntis ou Catoira) na zona norte da comarca do Salnés, (Vilagarcía, Vilanova, Meis ou Ribadumia) e na Comarca do Barbanza (Rianxo, Dodro, Rois ou Padrón, entre outros concellos). Todos eles serán os beneficiados desta nova emisión. Se aínda non nos teñen sintonizados en TDT, facelo é moi sinxelo: 1. Abrir o menú do seu televisor. 2. Acceder á configuración técnica. 3. Sintonía manual. 4. Introducir a Canle 47. 5. Confirmar a selección. Logo, memorícenos na canle 7. Se cos pasos anteriores non funciona probe con "búsqueda ou exploración automática" ou cunha resintonización total a valores de fábrica. Se continuase a dar problemas, pode instalar un pequeno amplificador para o que lle recomendamos que contacte co seu antenista de confianza. Previsións para as comarcas do Salnés e Caldas Por outra banda, Canalriasbaixas está a traballar para iniciar as súas emisións en TDT dende Monte Castrove cara a zona sur do Salnés, para concellos como Meis, Ribadumia, A Illa, Cambados ou Meaño. Tamén dende o Monte Pastoriza, en Marín, dirección Domaio, para os concellos de Sanxenxo, O Grove e Poio, entre outros. Recomendamos ós nosos telespectadores e antenistas das comarcas do Salnés e Caldas que nos sintonicen preferiblemente pola Canle 47, que é a frecuecnia asignada para a comarca do Salnés por parte do ministerio. As comarcas do Barbanza non quedarán atrás. O vindeiro luns 1 de febreiro na Canle 27 de UHF, dende o Monte San Lois en Noia, temos previsto iniciar as emisións en TDT para as comarcas de Muros e Noia. Redacción Salnés |



SALNÉS>