| Canalriasbaixas emite exclusivamente en dixital dende Xiabre |
|
|
| Venres, 22 Xaneiro 2010 | |
|
CANALRÍASBAIXAS EN TDT
Nesta comarca o noso sinal podería ser recibido nalgúns fogares de Boiro, A Pobra e Ribeira, pero non é o habitual, dado que a maioría das antenas apuntan a Domaio.
¿COMO SINTONIZARNOS EN TDT?
1. Entrar no menú do seu decodificador ou televisor con TDT.
¿COMO SABER DE QUE REPETIDOR RECIBEN O SINAL? A) Si o nome da emisora que pon na súa pantalla é “a Sete CANALRIASBAIXAS” é o canal 47 (Salnés- Caldas). B) Si o nome da emisora que pon na súa pantalla é "a7 CANALRIASBAIXAS" é o canal 27 (Barbanza- Muros e Noia).
¿E SI NON NOS RECIBE? Pode que en determinadas vivendas unifamiliares ou edificios que teñen as antenas orientadas a Xiabre, é probable que teñan que xirar a antena 90º sobre si mesma, para que a señal sexa óptima. En caso de que non nos sintonicen correctamente en TDT, terán que consultar con un antenista da súa zona, eles saberán resolvelo.
"a Sete CANALRÍASBAIXAS" Próximamente (+/- 1 mes) emitiremos en TDT dende Monte Castrove hacia a zona sur do Salnés, para concellos como Meis, Ribadumia, A Illa, Cambados ou Meaño. Próximamente (+/- 1 mes) emitiremos POSIBLEMENTE dende o Monte Pastoriza (Marín), dirección Domaio, para os concellos de Sanxenxo, O Grove e Poio, entre outros.
Recomendamos ós nosos telespectadores e antenistas das comarcas do Salnés e Caldas que nos sintonicen preferiblemente pola Canle 47, que é a frecuencia asignada polo Ministerio para a comarca do Salnés. PREVISIÓNS PARA AS COMARCAS DO BARBANZA, NOIA E MUROS "a7 CANALRIASBAIXAS" O vindeiro luns 1 de febreiro temos previsto iniciar as emisións en TDT para as comarcas de Noia e Muros, na Canle 27 de UHF, dende o Monte San Lois en Noia.
Próximamente temos previsto iniciar as emisións dende O Grove, en dirección Domaio, para os concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. Hai máis dun ano, en novembro de 2008, iniciábamos as emisións en TDT dende Xiabre para a comarca do Barbanza na Canle 27 de UHF.
GRAZAS POR SEGIRNOS, CANALRÍASBAIXAS |
















