Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Alfageme volverá luns ó traballo
 
 
Alfageme volverá luns ó traballo Imprimir Correo electrónico
Venres, 22 Xaneiro 2010
alfageme_venres_100.jpgVILAGARCIA> As nove traballadoras da factoría de Alfageme en Vilaxoán que non están dacordo co plan de viabilidade proposto para salvar o grupo...

... empresarial, mobilizáronse esta tarde nunha manifestación en Vilagarcía, convocada pola CGT. A este acto reivindicativo acudiron compañeiros sindicalistas doutras cidades que quixeron así apoiar a causa. Pola contra, as que non asistiron foron as súas compañeiras das fábricas do Grove, Ribadumia e as do propio Vilaxoán, que acordaron suspender os actos de presión logo dos últimos acordos.

Ó longo desta xornada o director xeral de Alfageme, renovado agora no cargo, Francisco Rivas, visitou os centros de traballo do Salnés para darlles conta das últimas novidades. A empresa ven de recibir o primeiro crédito avalado pola Xunta de 1´2 millóns de euros. Con estes cartos hoxe mesmo se lle ingresou a nómina atrasada do mes de decembro e o vindeiro 3 de febreiro ingresaranlle o mes de xaneiro e a metade da paga extra correspondente. Máis tarde, a primeiros de marzo, hai un compromiso de complementar tódolos pagos adebedados á plantilla.

Ademais o vindeiro luns reanudarán a súa actividade laboral as factorías de Vilaxoán e Ribadumia , e tamén a do Grove, á espera de que se adapte a factoría vilagarciá para acoller este incremento da forza de traballo, para poder pechar este segundo centro trala clausura do vigués.

Rivas deulles folgos ós empregados asegurando que xa contaban co compromiso de varios dos antigos clientes de volver a contar ca súa confianza como proveedores.

Redacción Salnés

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?