Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow A Deputación construirá unha pasarela peonil en Artes
 
 
A Deputación construirá unha pasarela peonil en Artes Imprimir Correo electrónico
Mércores, 27 Xaneiro 2010

sendapeonildeputacion_100_27012010.jpgRIBEIRA> O presidente do ente provincial anunciouno nunha visita que realizou a parroquia ribeiresa para inspeccionar as obras dunha senda para viandantes.

O presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda visitou  o concello de Ribeira para inspeccionar a construción dunha senda peonil na estrada de Xarás a Olveira, na parroquia de Artes.

O mandatario provincial estivo acompañado no percorrido pola tenente de alcalde, Dolores Elorduy, así como por outros concelleiros da corporación local.

O investimento total desta actuación supera o medio millón de euros. A senda peonil de máis de dous quilómetros emprázase na estrada provincial 7304 de Artes, no tramo dende Xarás ata Olveira. O presidente provincial comprobou esta mañá sobre o terreo as obras executadas que, basicamente, consistiron na contrución dunha beiravía, con tramos de beirrúa de baldosa nos tramos urbanos.

Asemade, os traballos incluiron a renovación do pavimento en asfalto. Como traballos complementarios se executaron a rede de saneamento e se procedeu tamén a retirada de máis de cincuenta puntos de luz, colocándose sete novos postes de suministro eléctrico.

Rotonda no Vilar

O presidente da Deputación coruñesa aproveitou a súa presencia no lugar para presentar o proxecto de construción dunha pasarela peonil nesta misma estrada, no quilómetro 1,9, paralela a ponte. Esta actuación está orzamentada en setenta e oito mil euros.

Fernández Moreda tamén se referiu a intersección do lugar do Vilar, na parroquia ribeiresa de Carreira afirmando que na actualidade xa está redactado o proxecto técnico e tan só resta buscar financiación. A Deputación solicitou a colaboración do concello para a disponibilidade de terreos.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?