|
Fomentar proxectos para desenvolver a actividade pesqueira |
|
|
|
Xoves, 28 Xaneiro 2010 |
|
CARRIL> Xornadas informativas para as Confrarías de Pescadores de Arousa. Os proxectos están subvencionados polo Fondo Europeo de Pesca.
Hoxe iniciáronse as xornadas de difusión e animación ás entidades participantes do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa. O fin, foi informar ás Asistencias Técnicas das Confrarías, dos contidos do Plan Estratéxico Zonal, os obxectivos do Grupo de Acción Costeira, os proxectos subvencionables e a forma de presentalos mesmos.
Dende a Consellería do Mar, inténtase fomentar proxectos que xeren novas fontes de ingresos sostibles.
O Grupo de Acción costeira da Ría De Arousa, está formada polos concellos, entidades e asociacións da zona.
Nas próximas semanas, realizaranse charlas informativas en toda a xeografía do Grupo, para difundir, a tódolos asociados e público en xeral, os obxectivos GAC e a tipoloxía dos proxectos.
Redacción Salnés
|