Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow A Xunta estuda a construción dunha nova rotonda na PO-531
 
 
A Xunta estuda a construción dunha nova rotonda na PO-531 Imprimir Correo electrónico
Venres, 29 Xaneiro 2010

PONTEVEDRA> Os veciños afectados pola reforma da PO-531 estudaron hoxe co delegado da Xunta en Pontevedra a posibilidade de incluír unha nova rotonda na zona de Sabarís e tamén de construír pasos inferiores en Curro.

José Manuel Cores Tourís percorreu esta mañá cos membros da plataforma veciñal o segundo tramo desta estrada, entre Campañó e Curro. Nestes cinco quilómetros a Xunta pretende darlle á PO-531 un tratamento semiurbano, con 2 carrís de circulación, beirarrúas, con dúas ou tres rotondas, ademais de deixar accesos a tódolos lugares de Curro e A Devesa. A obra afecta a 4 edificacións nesta zona, pero Cores Tourís afirma que as negociacións cos propietarios están avanzadas.

Na anterior visita feita a mediados de mes, os veciños percorreron co delegado o tramo de Campañó, o máis conflitivo. Xa hai novos planos e son do agrado dos afectados. A Xunta espera que a PO-531 poida verse aliviada de tráfico si se suprime a peaxe entre Curro e Pontevedra. Nos vindeiros días haberá unha reunión entre o Ministerio de Fomento cos propietarios da Autoestrada AP-9, inda que de momento só se falará das peaxes da Coruña, Santiago e Vigo.

O delegado indicou que a Xunta se coordinará cos concellos de Pontevedra e Barro para aproveitar a obra e incluír a dotación de servizos a estas zonas.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?
tv á carta
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif