POIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.
| Paso importante do Est. Otero de cara á permanencia |
|
|
| Mércores, 03 Febreiro 2010 | |
|
Despois de tres derrotas consecutivas o Establecimientos Otero volveu pola senda da victoria grazas ó seu triunfo ante o Igualada por 5-1 en San Tomé. Ben é certo que o rival era o pechacancelas da categoría, pero non puxo as cousas sinxelas, canda menos non tanto como pode reflectir o marcador nun partido no que os xogadores locais tiveron que sufrir para gañar. Ó final, tan só Adrián Vidal cedeu un punto fronte a Kazeem Ahmed, mentres que Liu Junhui volveu a ser o líder do conxunto cambadés. Esta victoria déxalles con dous partidos de marxe sobre o descenso á espera de recibir a semana que ven ó Falcons, rival directo pola permanencia co que agora empata a puntos na xeral. Eso sí, a partir dese encontro o Establecimientos Otero vaino ter moi complicado para sumar xa que nas derradeiras cinco xornadas terá que enfrontarse ós cinco primeiros da táboa. Unha división por debaixo, o Caixanova Cambados continúa a saír pouco a pouco do pozo e venceu por 1-5 ó Cidade de Narón. A presencia de Jacobo Enseñat dálle outro aire ó equipo que suma a súa segunda victoria en tres partidos a sae momentáneamente do descenso. Tamén gañou o Liceo Casino en Rábade ó Lugauto por 2-4 polo que os vilagarciáns son terceiros na Primeira Nacional. Mentres na categoría femenina desta mesma división o Caixa Galicia venceu por 4-2 ó Temegal, cunha actuación destacada de Gema Cores. Nas ligas rexionais déronse estes resultados: En Primeira Galega, no grupo de asceso: Dez Portas Lugo 3 – 4 Grupo Barros; no grupo de permanencia, Joyería Enrique 6 – Hípica 1; Charol 4 – Arteal 3. Na Terceira o Chinelas impúxose por 6-1 ó Cinania Veteranos. Redacción Salnés |







SALNÉS>
SALNÉS>










