Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Céltiga visita o Manuel Anxo Cortizo sen máis marxe de erro
 
 
O Céltiga visita o Manuel Anxo Cortizo sen máis marxe de erro Imprimir Correo electrónico
Venres, 05 Febreiro 2010

futbol250_050210.jpgSALNÉS> Xornada importante tanto para Vilalonga como sobre todo para o Céltiga. Ambos xogan fóra da casa e desprázanse coa necesidade de puntuar. Vemos tamén o que nos agarda na Preferente Sur.

Non pode errar o Céltiga se é que non quere pasar máis apuros da conta. Esta semana visita o Manuel Anxo Cortizo, un campo que se lle dá ben, xa que das sete veces que o visitou tan só perdeu unha. vaino facer sabendo que pode dar un paso de xigante se é que suma unha victoria, dado que o Lalín é un rival directo pola permanencia, e o resto de equipos da zona baixa enfróntanse esta semana cos candidatos ó ascenso. Ademais, está o desexo dos xogadores por rematar coa xeira de oito partidos sen gañar. Pablo Vázquez pedíu esta semana seriedade defensiva despois dos erros que lles condenaron ante o Bergantiños.

O Vilalonga pola súa parte visita ó Cultural Areas coa intención de traerse algo positivo, despois de dúas semanas en branco. O certo é que caeron e pola mínima contra Depor B e Cerceda, derrotas comprensiblres pero que doeron no plantel porque cortaron unha boa xeira de resultados. Co apretada que está a clasificación os de Gabi Leis irán a polo triunfo a Ponteareas. O rival tamén ven de encaixar dúas derrotas e contará con baixas importantes por sanción. No lado celeste Edu e Melchor perderanse o choque mentres que Leo voltará ó equipo.

Na Preferente Sur, o Portonovo dispón dunha boa oportunidade para sumar outro triunfo. O conxunto de Rial recibe ó pechacancelas Nogueira de Ramuín. Os de Baltar, que perderon onte nun amisotoso por 0-2 fronte ó Pontevedra, saben que a partir de agora un erro pode pagarse caro. Recuperan para a cita a Pablo pero perden a Ero e Comesaña.

O Sanxenxo busca o mesmo, continuar pelexando cos de arriba, pero as circunstancias son outras para os de Calucho. Reciben ó segundo da táboa, o Porriño, con Diego Blanco e Juan fóra de combate. Cuchi podería forzar para o encontro ante a ausencia de dianteiros, pese a estar lesionado nun xeonllo. Tampouco estará na cita Jose Ángel.

Máis abaixo, un deprimido Arousa recibe na Lomba a un rival a priori sinxelo como o Marín. Os visitantes eso sí, están en problemas e virán a por todas para saír do descenso. Os vilagarciáns tratan de subir ó derradeiro tren polo ascenso. Kiko é baixa na portería arlequinada.

Na zona morna da xeral, escapando dos postos baixos viaxan tanto Ribadumia como Cambados. Os de Carregal deben enfrontarse ó líder Choco. O 7-0 ante o Estradense escoceu en Burgáns onde queren resarcirse canto antes ante outro dos fortes da categoría. Dani Abal volve á convocatoria.

O Ribadumia pola súa parte visita a un rival dos da súa liga, o Tomiño. Os de Carducho pasan polo mellor momento da temporada e tentarán aproveitalo ante un rival que só venceu nun dos últimos once compromisos. Lucas e Arias son baixa nos aurinegros.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com