Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

A familia da pontevedresa Sonia Iglesias non perde a esperanza de atopala con vida

PONTEVEDRA> A portavoz da familia compareceu ante os medios de comunicación para transmitir unhas palabras de agradecemento a todos os que están colaborando na investigación. Isabel Martínez cofensou que non perden a esperanza de atopala con vida e confían na labor que está realizando a Policía Nacional. Ademais, unhas 3.000 persoas asistiron á manifestación, que se celebrou, tras quince días sen ter novas de Sonia, por diferentes rúas de Pontevedra

 

 + máis    

 

A Xunta construirá unha nova rotonda no cruce do Facho Imprimir Correo electrónico
Luns, 08 Febreiro 2010

beirarruas_castrelo100.jpgCAMBADOS> A Xunta construirá unha nova rotonda no cruce do Facho, en Castrelo. O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, visitou ...

... as obras de mellora da seguridade viaria da PO-549, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís e do xefe territorial de Infraestruturas, Evaristo Juncal.

Os tres estudaron sobre o terreo a posibilidade de construír unha rotonda no cruce do Facho, que adoita ter moito tráfico. Segundo explicou Cores Tourís, na zona estaba previsto construír carrís de incorporación, pero os técnicos consideraron que sería moito mellor habilitar unha rotonda para facilitar a incorporación á estrada xeral e tamén para reducir a velocidade. Nesta estrada tamén se habilitarán outras dúas rotondas, no cruce do Facho e no límite con Meaño.

Os responsables políticos indicaron que a Consellería de Infraestruturas está a atender moitas das queixas dos veciños de Castrelo por esta obra. Unha das reivindicacións veciñais era a eliminación das cunetas inclinadas onde había vivendas o que permitiu construír así zonas de aparcamento, e tamén beirarrúas, en vez da senda peonil prevista. A Xunta tamén está estudando a posibilidade de dotar de pasos de peóns a esta vía, naquelas zonas onde haxa beirarrúas.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
DEPORTES

VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

¿ Como sintonizarnos en TDT ?
tv á carta
CORPORATIVO

CANALRIASBAIXAS súmase o apagón analóxico

CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

 

unidad_mobil_recortada_100.jpg

 

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif