Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Un tercio dos expositores de Camelias son vilagarciáns
 
 
autonmicas09_top.jpg
Un tercio dos expositores de Camelias son vilagarciáns Imprimir Correo electrónico
Luns, 08 Febreiro 2010

concurso_camelia_copia100.jpgVILAGARCÍA> O Vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, presentou esta mañá, en Vilagarcía, a 46 edición do Concurso Internacional da Camelia.

 Dentro da programación do Concurso-Exposición Internacional da Camelia, está prevista a celebración dunha mostra pictórica baixo o título Visións da camelia, que terá lugar do 10 ó 28 de febreiro. Durán destacou que os artistas van ofrecer a súa visión artística da camelia a través da sensibilidade, a fraxilidade, a luz e a cor.

O vicepresidente provincial, puxo de relevo que máis de un tercio dos expositores que se presentan a concurso do 26 ó 28, son de Vilagarcía e da súa área de influencia.

José Juan Durán avanzou que no ano 2014, cando a Deputación volva a organizar este evento e con motivo do Congreso Internacional da Camelia, Vilagarcía ocupará un lugar preferente.

O vicepresidente recordou que as inscricións para o concurso poderán presentarse no rexistro da Deputación ata á 1 da tarde do día 22.

Redacción Salnés

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?