Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

 Os bancos non financian o aval para o mantemento de Alfageme

SALNÉS> Dende a Consellería de Economía sinalouse que hai 4 compradores interesados na empresa. A solución sería a segregación das plantas para a venta de Ribadumia e Vilaxoán. Como consecuencia, procederíase ó peche das fábricas de Vigo e O Grove. Os sindicatos comezarán as mobilizacións a semana que ven. En caso de non haber compra, iniciaríase cos trámites da lei concursal.

 + máis   

 
autonmicas09_top.jpg
OBNG denuncia que o POL restrinxirá o solo urbano no centro do municipio Imprimir Correo electrónico
Luns, 08 Febreiro 2010

bng_cambados_100_080210_copia.jpgCAMBADOS> Aseguran que o Plan de Ordenación do Litoral cataloga como áreas de mellora paisaxística lugares edificables segundo as normas subsidiarias.

O BNG de Cambados considera que o novo Plan de Ordenación do Litoral é unha norma chea de erros graves. E argumentan por que. Segundo os nacionalistas, de aplicarse o documento tal cal está nestes intres, varias zonas do centro do municipio catalogadas como solo urbano nas normas subsidiarias do concello, pasarán a considerarse como áreas de mellora paisaxística, é dicir, lugares nos que está prohibida a edificación para uso residencial. E as consecuencias: un parón ó crecemento previsto para o núcleo de Cambados. En concreto os nacionalistas apuntan a catro zonas: as unidades de xestión número 8, en San Tomé, ó carón do colexio e a zona da horta dos Pomares, na avenida da Pastora. Tamén afectaría ó lugar do Breixiño, detrás do Matadoiro, e ós terreos lindantes coa rúa dos Olmos, que dá tamén á avenida da Pastora.

Ademais de convidar ós veciños afectados a presentar a súas alegacións a título particular, o voceiro dos nacionalistas nesta localidade, Víctor Caamaño, anunciou que o BNG exporá tamén as suxestións pertinentes como grupo, e en breve, os representantes desta formación na corporación municipal presentarán unha moción no pleno instando ó grupo de goberno local a que se mobilice para evitar que o núcleo de Cambados poida seguir desenvolvéndose.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?
DEPORTES

basketcup250_100310.jpgVILAGARCÍA > A Vilagarcía Basket Cup disputarase este ano con case total seguridade no pavillón de Fontecarmoa. Así o anunciaron onte os organizadores do evento que acusaron ó concello de sumir ó torneo nun caos.

tv á carta
ENQUISA
¿ e tí como nos ves ?
 
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO

CANALRIASBAIXAS súmase o apagón analóxico

CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
Actualidade en CONTRASTES
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif