Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow OBNG denuncia que o POL restrinxirá o solo urbano no centro do municipio
 
 
autonmicas09_top.jpg
OBNG denuncia que o POL restrinxirá o solo urbano no centro do municipio Imprimir Correo electrónico
Luns, 08 Febreiro 2010

bng_cambados_100_080210_copia.jpgCAMBADOS> Aseguran que o Plan de Ordenación do Litoral cataloga como áreas de mellora paisaxística lugares edificables segundo as normas subsidiarias.

O BNG de Cambados considera que o novo Plan de Ordenación do Litoral é unha norma chea de erros graves. E argumentan por que. Segundo os nacionalistas, de aplicarse o documento tal cal está nestes intres, varias zonas do centro do municipio catalogadas como solo urbano nas normas subsidiarias do concello, pasarán a considerarse como áreas de mellora paisaxística, é dicir, lugares nos que está prohibida a edificación para uso residencial. E as consecuencias: un parón ó crecemento previsto para o núcleo de Cambados. En concreto os nacionalistas apuntan a catro zonas: as unidades de xestión número 8, en San Tomé, ó carón do colexio e a zona da horta dos Pomares, na avenida da Pastora. Tamén afectaría ó lugar do Breixiño, detrás do Matadoiro, e ós terreos lindantes coa rúa dos Olmos, que dá tamén á avenida da Pastora.

Ademais de convidar ós veciños afectados a presentar a súas alegacións a título particular, o voceiro dos nacionalistas nesta localidade, Víctor Caamaño, anunciou que o BNG exporá tamén as suxestións pertinentes como grupo, e en breve, os representantes desta formación na corporación municipal presentarán unha moción no pleno instando ó grupo de goberno local a que se mobilice para evitar que o núcleo de Cambados poida seguir desenvolvéndose.

Redacción Salnés

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?