Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Empeoran as expectativas do empresariado do Barbanza
 
 
autonmicas09_top.jpg
Empeoran as expectativas do empresariado do Barbanza Imprimir Correo electrónico
Luns, 08 Febreiro 2010

confianzaempresarialbarbanza_100_08022010.jpgBARBANZA> A antena local da Cámara de Comercio de Santiago presentou o índice de confianza empresarial do último trimestre de 2009 que baixa ata 5’75 puntos negativos.

A pesar do negativo do dato, que descende en máis de catro puntos con respecto ó trimestre anterior, o índice de indicador de confianza empresarial segue aínda lonxe dos menos once puntos do primeiro trimestre de 2009. Descenden tamén o indicador de situación e de expectativas, situándose en menos sete e menos 4’5 respectivamente. Un descenso que pon de manifesto unha serie de factores que limitan a actividade económica como a debilidade da demanda, as dificultades de financiación ou o aumento da competencia.

Por sectores

A construción e a hostalería seguen a presentar os peores índices de situación, mentres que o único dato positivo é o referido ó sector servizos. Realizando unha comparativa a nivel nacional, o índice de confianza para o Barbanza é mellor que a media nacional aínda que esta mellora en relación a anteriores trimestres. Todos estes datos poñen de manifesto a existencia dunha crise de confianza. De aí, a importancia de realizar este tipo de estudos para coñecer a situación real de cada zona xeográfica e emprender accións conxuntas que cren confianza e incentiven as inversións e o volume de negocio.

Renovación convenio

Con este fin, a Cámara de comercio volveu renovar o convenio de colaboración anual co concello de Boiro para o mantemento da antena local.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?