Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O BNG critica a parálise do polígono comarcal
 
 
O BNG critica a parálise do polígono comarcal Imprimir Correo electrónico
Luns, 22 Febreiro 2010

bngbarbanzamacropoligono_100_22022010.jpgRIBEIRA> Esta actuación, deseñada polo anterior goberno bipartito, preveía a dotación dun millón de metros cadrados entre os concellos da Pobra e Ribeira.

Un ano despois da chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia, o BNG denuncia que non se realizou un só trámite para impulsar a construción do macropolígono do Barbanza.

Para esixir explicacións ó goberno autonómico sobre o estancamento desta actuación, tan necesaria nestes tempos de crise, presentarán unha iniciativa parlamentaria así como mocións nos catro concellos da comarca.

Os nacionalistas denuncian que non se promova a creación deste gran parque empresarial, de máis dun millón de emtros cadrados e cun investimento superior ós 32 millóns de euros, nin se estea a promover ningunha medida para a reactivaciónd a economía no Barbanza.

Pola súa banda, as voceiras do BNG en Ribeira e na Pobra, Dominga Brión e Rosana Pérez respectivamente, apelan á responsabilidade dos alcaldes destes dous concellos para desbloquear un proxecto de tal envergadura que contribuirá á creación de emprego e riqueza en toda a comarca.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?