|
RIANXO> O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, informou do inicio das obras de saneamento e abastecemento para varios núcleos da parroquia de Leiro.
As obras de saneamento e abastecemento de auga, que xa se iniciaron hai varias semanas, afectan ós núcleos da Igrexa, Cabana, Meiquiz, Or, Palleiro, Rañó e Rial.
Nova EDAR
A actuación prevé a recollida de augas residuais destas aldeas mediante unha rede de colectores de nove quilómetros de lonxitude, instalaránse ademais catro estacións de bombeo e unha nova estación depuradora que se construirá na zona do monte Po, nunha parcela cedida pola propia Comunidade de Montes de Leiro.
Segundo indicou o propio alcalde, a actuación permitirá rematar practicamente o saneamento e o abastecemento de auga nesta parroquia, despois da primeira fase xa executada nos lugares de Brión e Abuín.
O rexedor rianxeiro amosou ademais a súa satisfacción pola consecución desta importante obra, no camiño do ansiado saneamento integral do concello.
Redacción Barbanza
|