|
MEIS> O subdelegado do Goberno mantivo unha reunión co alcalde, e os portavoces municipais, para facer balance das actuacións realizadas no Plan E 2009 e os proxectos para este ano.
O subdelegado do Goberno mantivo unha reunión co alcalde, José Luis Pérez, e os portavoces municipais, para facer balance das actuacións realizadas no 2009 e os proxectos para ese ano. Delfín Fernández, visitou as obras das instalacións dos EDAR en A Cavada, parroquia de San Lorenzo e en Paientes, parroquia de Nogueira. Estas son dúas, dos sete proxectos que se executaron neste municipio, cun costo total de máis de 881.000 euros e xerando 40 postos de traballo.
O alcalde, definiu as obras como de vital importancia para os cidadáns de Meis.
Para o novo Fondo Estatal para el Empelo e a Sostenibilidade Local, Meis ten asignado máis de 538.000 euros, dos que destina 476.000, a realizar 3 proxectos de obra, que xeren 22 postos de traballo. O resto, dedicaranse a gasto social en relación coa limpeza en centros educativos.
Redacción Salnés
|