|
SALNÉS> Afectará a máis de 1.300.000 galegos das provincias de Pontevedra e Lugo. A terceira fase, realizarase nas áreas técnicas de Domaio e Páramo.
A área técnica de Domaio está composta por 61 concellos, dos cales 56 pertencen á provincia de Pontevedra e 5 á A Coruña. En total suman case 980.000 cidadáns, que pasarán a recibir o sinal de televisión, unicamente mediante tecnoloxía dixital. Na provincia de Pontevedra, unha ducia de concellos, beneficiáronse do apagado nas fases 1 e 2, con resultados positivos.
Na actualidade, a cobertura do sinal de televisión dixital é do 97% da poboación, e agárdase que unha vez rematado todo o despregamento a cobertura chegue ó contorno do 98%.
Os apagados, comezarán o día 10 nos emisores de Oia, Oia II, Cangas, Curota e Bueu. O día 15, os emisores afectados serán os das Neves e Arbo. A fase 3 continúa o 23 de marzo, coa desactivación dos emisores da Cañiza, Carril e Moaña. O 24, tocaralle o turno ó de Meis. Os apagados na área técnica de Domaio, rematarán o día 2, co cese analóxico dos emisores que dan servizo ó resto da provincia de Pontevedra
. O apagado analóxico na área técnica de Páramo, afectará á meirande parte da provincia de Lugo, unha poboación total de máis de 300.000 persoas.
Durante esta última fase de apagado, o Goberno galego seguirá a resolver as dúbidas dos cidadáns sobre a TDT a través do teléfono de atención 012. A Xunta de Galicia recomenda, ademais, que non se agarde ata o último día para adaptar a súa televisión á tecnoloxía dixital.
Redacción Salnés
|