| Cacabelos: 'Xunto con A Illa, O Grove será o máis afectado polo POL' |
| Xoves, 11 Marzo 2010 | |
|
O GROVE> O goberno municipal do Grove convocou onte á noite a varios colectivos do concello para analizar o Plan de Ordenación do Litoral. O cuatripartito expuxo a súa versión e indicou a súa preocupación porque o documento afecta a toda a península meca e non dá solución á delimitación de núcleos. O edil de Vivenda e Solo, Carlos Álvarez, advertiu que na proposta de Plan do Litoral que fai a Xunta se recortan tódolos núcleos, tanto urbano como rurais, sobre todo en San Vicente. Indica que non se recoñecen os asentamentos de poboacións actuais e que os criterios que se aplican para as zonas de protección son pouco concretos, empregando termos como ‘evitarase’ ou ‘recoméndase’. O goberno local agradece a ampliación do prazo para presentar alegacións pero advirte que tanto no Concello como os diferentes colectivos están a ter dificultades para analizar o documento e descifrar a cartografía. O Concello puxo o equipo técnico municipal a disposición dos colectivos e grupos políticos para canalizar as súas consultas e propostas. Nunha vindeira reunión esperan confeccionar un informa conxunto para remitirllo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Na reunión de onte tamén estiveron representantes dos grupos da oposición. O PP denunciou no seu blog que o Concello lles enviou a documentación só dous días antes desta reunión, cando ós colectivos xa había dúas semanas que dispuñan dela. Os populares consideran que esta no é maneira de actuar para crear un clima adecuado de consenso. Redacción Salnés |


