SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| A Seca énchese para presenciar a victoria do Ateneo |
| Martes, 23 Marzo 2010 | |
|
O pavillón da Seca presentou un cheo espectacular para ver a victoria do Concello de Poio-Promociones Collazo ante o Casarrubios de Toledo. Foi un partido un tanto igualado na primeira metade pero que tralo descanso quedou desnivelado. O encontro púxoselles de cara ás locais moi cedo cando nada máis comezar Peke anotaba o primeiro gol dende fóra do área. Repitiría minutos máis tarde a mesma protagonista despois de completar unha gran xogada colectiva. O único pero do encontro foi o chan resbaladizo que fixo que as xogadoras tomaran moitas precaucións á hora de realizar os seus movementos, porque as caídas eran constantes. Na segunda parte solucionouse en parte o problema, o que permitíu que a fluidez do xogo fose maior e que a superioridade do Ateneo plasmárase no marcador. Os goles foron caendo ata redondear unha goleada de escándalo (8-0). A loita polo ascenso continúa a falta de catro xornadas para o remate. A vindeira semana deberán enfrontarse cun rival directo, o terceiro clasificado e que agora camiña empatado a puntos coas de Poio, o Ciudad de Alcorcón. No partido de ida celebrado na Seca leváronse a victoria as madrileñas por 3-4. A ilusión por cumplir ese obxectivo de meterse no playoff apoderouse dos afeccionados, por iso o club fletará un autobús este sábado ata Alcorcón, para que o equipo sinta a calor da súa xente tamén en terras madrileñas e neste decisivo choque. Redacción Salnés |


POIO>
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

