|
PONTEVEDRA> O secretario de organización Jose Juan Durán, sinalou que estas citas permitirán ós afiliados e militantes manifestarse abertamente. Celebraranse o día 12 en A Estrada e Vilagarcía e o 19 en Tomiño.
O secretario de organización do PP provincial, anunciou a celebración, o vindeiro mes de xuño de tres congresos que definiu como de vital importancia. O 12 de xuño pola mañá, levarase a cabo o de A Estrada e pola tarde o de Vilagarcía. Para a semana seguinte, o día 19, tocaralle o turno o de Tomiño. Jose Juan Durán encadrou a celebración dos congresos dentro da normalidade da vida orgánica do partido.
En canto á presidencia do PP de Vilagarcía, á que poderían optar máis de un candidato, o secretario dos populares sinalou que é unha mostra de normalidade democrática interna. Durán arremeteu contra os socialistas, asegurando que a súa elección de candidato funciona a dedo ou a dedazo.
Jose Juan Durán reiterou a condena absoluta ós ataques sufridos nas sedes do PP en Gondomar e Nigrán, cualificándoos de antidemocráticos.
Este sábado celebrarase unha nova cea de fraternidade para militantes e afiliados, esta vez en Caldas de Reis. Durán asegurou que é unha cita relevante, porque Caldas está en vésperas do cambio político.
Redacción Salnés
|