|
Vázquez sobre Raeiros:'A lei debe aplicarse igual para todos' |
|
Venres, 23 Abril 2010 |
|
O GROVE> O portavoz nacional do BNG visitou O Grove para coñecer de preto os traballos que o partido está levando a cabo na localidade.
As once e cuarto, Guillerme Vázquez foi recibido polo grupo municipal do BNG e polo alcalde grovense. Posteriormente produciuse unha xuntanza de traballo co grupo nacionalista na que coñeceu as diferentes iniciativas do partido e os problemas dos cidadáns. Entre os temas máis comentados, foi a orde da Xunta para demoler as 52 vivendas en Raeiros. Vázquez afirmou que espera que a lei se cumpra igual para todos, independentemente dos implicados.
O portavoz nacional do BNG, tamén tivo palabras para as mensaxes de austeridade do Presidente da Xunta. Afirmou que a austeridade de Feijóo pasa pola privatización e denunciou que o gasto corrente do goberno en 2009 aumentou 421 millóns.
En canto a fusión das caixas, Guillerme Vázquez acusou a Feijóo de estar procedendo con pasividade e despreocupación. Asegurou que polo ben da economía galega a Xunta debe tutelar o proceso.
Vázquez tamén aproveitou a rolda de prensa para manifestar o seu apoio ó xuíz Garzón e animou á xudicatura a continuar investigando os crimes do franquismo.
Redacción Salnés
|