Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Louzán asegura que o congreso de Vilagarcía fortalecerá o partido
 
 
Louzán asegura que o congreso de Vilagarcía fortalecerá o partido
Luns, 26 Abril 2010

VILAGARCÍA> ‘O congreso do PP de Vilagarcía será unha oportunidade para fortalecer o partido’. Así o destacou o presidente provincial Rafael Louzán na reunión que mantivo este sábado coa xunta local da agrupación de Vilagarcía.

Segundo Louzán, a cita faise pensando no gran reto que vai ser a cita das Municipais de 2011. O presidente provincial considera que están en condicións de desbancar ó PSOE e acadar o goberno local.

No encontro tamén estiveron o secretario provincial de organización José Juan Durán e a secretaria xeral provincial Begoña Estévez. Esta última encargarase de supervisar a organización do congreso local que se fará o 12 de xuño pola tarde. Un comité organizador renovará o listado de afiliados e convocará ós militantes. Logo ábrese o prazo de presentación de candidaturas e cada aspirante presentará os avais que o acrediten para optar á presidencia. Tamén terán un tempo de campaña interna antes do congreso.

O PP matiza que este congreso é para elixir ó presidente local e non ó candidato á alcaldía, amais de ser un signo de participación de todo o partido.

CEA EN CALDAS

Os responsables provinciais do PP de Pontevedra desprazáronse logo á noite ata Caldas de Reis para participar na cea organizada pola agrupación local, que preside Jesús Goldar. Unha localidade, Caldas, na que tamén aspiran a desbancar ó PSOE do goberno municipal.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?