Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O Concello propón mellorar as baixo cubertas en Virxe das Mareas
 
 
O Concello propón mellorar as baixo cubertas en Virxe das Mareas
Martes, 15 Xuño 2010

O GROVE> O Concello do Grove presentou ós veciños de Virxe das Mareas unha nova proposta para mellorar as casas do barrio.

O proxecto consiste na ampliación das vivendas no alto, mellorando o baixo cuberta, permitindo a habitabilidade en condicións de altura e iluminación dignas. O proxecto non contempla a ampliación dun piso máis senón dunha mellora no espazo. Deste xeito duplicaríase a capacidade actual das vivendas, cubrindo as demandas dos veciños.

Estas casas non se poden ampliar debido ás restricións de Costas e desde o Concello levan meses traballando para salvar estas trabas urbanísticas. Este é o segundo modelo que propón o goberno municipal e os veciños poderano consultar durante un mes. O edil de Vivenda e Solo indicou que ademais da vantaxe de poder aumentar a edificabilidade, con esta opción só teñen que pasar o filtro de Costas, xa que non precisaría autorización da Xunta. Polo tanto, o Plan Director poderíase concluír este mesmo ano. O edil de Vivenda e Solo insiste en reivindicar o dereito dos propietarios a ampliar as súas vivendas pero pide consenso ós veciños para seguir mantendo un criterio igual en todo o barrio.

Carlos Álvarez aproveitou esta reunión para explicar outras obras no barrio, como a apertura dun novo acceso e melloras no saneamento, con cargo ó Plan E e a fondos da Deputación de Pontevedra. Segundo lembrou, en Virxe das Mareas xa se leva investido máis de medio millón de euros.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?