Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Segundo día de loito na Pobra polo falecido no accidente de autobús
 
 
Segundo día de loito na Pobra polo falecido no accidente de autobús
Luns, 04 Outubro 2010

autobus_copia100.jpgCALDAS> O trazado da vía e a chuvia apúntanse como as principais causas do sinistro. Dous pasaxeiros seguen graves no CHUS.

As circunstancias que provocaron o tráxico accidente aínda están por aclarar. Sen embargo, a EP-8001 é coñecida en Caldas pola súa alta siniestralidade. Hoxe estaba previsto que a Garda Civil analizara o tacógrafo do autobús para recoller máis datos, pero o trazado do vial, caracterizado polas marcadas curvas, o estado do asfalto e as fortes chuvias, parecen ser as principais causas do sinistro.

Corenta persoas ocupaban o autobús accidentado, dos que vintecinco resultaron feridos de diferente consideración, e tiveron que ser trasladados a varios centros hospitalarios. A día de hoxe, só dous atópanse en estado grave, aínda que non se teme polas súas vidas. Un mozo de 28 anos, xogador do club de fútbol da Pobra, é o que presenta máis complicacións.

Michel Sieira, compañeiro de equipo, tamén viaxaba no autobús sinistrado. Sieira saíu ileso do accidente e nega calquera responsabilidade do condutor no accidente.

Segundo fontes da investigación, o condutor deu negativo na proba de alcoholemia que lle realizaron despois do accidente. Pola súa banda, o rexedor de Caldas anunciou que o concello presentará unha petición á Deputación, titular da estrada, para que se realice un estudo en profundidade das causas da sinistralidade do vial.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?