|
GROVE> Ademais, grazas ó bo tempo e a festividade do Pilar, esta fin de semana vénderonse uns 50.000 pratos de marisco.
Esta fin de semana a Festa do Marisco de O Grove acolleu a trixésima edición da Festa do Mexillón Amegrove. O sábado pola tarde celebrouse o concurso de pratos condimentados con este marisco e na mañá do domingo fíxose entrega dos trofeos ós doce pratos con mellor sabor e ás oito propostas cunha presentación máis destacable.
Nesta edición o premio ó gusto foi para David Álvarez Barreiro polo seu mousse de mexillón, en segundo lugar Carmen Iglesias e en terceira posición Mónica Cernedas polas súas magdalenas mexilloneiras. Na modalidade de pratos con mellor presentación resultou vencedor o cofre de algas con mexillóns de Román Caneda.
Tamén se fixo entrega dos premios do Concurso de Pintura Infantil Festa do Marisco no que participaron preto de trinta cativos.
Ademais, o aumento das temperaturas, o inicio da Ponte do Pilar e as diferentes actividades que acolleu a Festa do Marisco de O Grove ó longo da fin de semana contribuíu a que o balance deste ano sexa máis que positivo.
A pesares das malas cifras de ventas dos primeiros días ocasionadas polo mal tempo e a falta de visitantes á vila, en dous días vendéronse máis racións que no resto da Festa. Cincuenta mil pratos de marisco vendéronse entre o sábado e o domingo. O sábado foi o día grande con trinta mil racións vendidas a veciños e visitantes. Durante a xornada soleado do domingo vendéronse outros vinte mil pratos de marisco. Entre os máis demandados atopábanse o polbo e as vieiras.
Esta noite, despois da entrega das Centolas de Ouro na carpa institucional celebrarase o concerto do Grupo La Guardia as doce da noite no escenario situado xunto á lonxa.
Redacción Salnés
|