Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Dous feridos nun choque múltiple na variante norte
 
 
Dous feridos nun choque múltiple na variante norte
Venres, 22 Outubro 2010

accidente_circunvalacion copia.jpgVILAGARCÍA> Unha moza duns 25 anos tivo que ser excarcerada tralo choque. Ó parecer o seu coche invadíu o carril contrario desencadeando o sinistro.

Aínda se descoñecen as causas polas que se produciu este choque múltiple na variante norte de Vilagarcía á altura do quilómetro 5. Segundo as versións apuntadas por testemuñas e familiares das persoas implicadas, un turismo branco, que circulaba en dirección Pontevedra, invadiría o carril contrario batendo contra o Seat Altea vermello.

O condutor do Altea, un home de 42 anos, resultou ferido leve na perna esquerda e foi trasladado ó hospital do Salnés ó igual que a condutora do Samba. Trátase dunha moza duns 25 anos que tivo que ser excarcerada ó quedarlle atrapada tamén a perna esquerda entre os ferros da porta e o cadro.

A casualidade fixo que no momento do sinistro pasara por alí unha ambulancia, e ó deterse, por causas tampouco aínda claras, bateron de fronte outros dous vehículos. Como consecuencia do sinistro este tramo da estrada estivo cortado durante máis de dúas horas, sendo desviado o tráfico polo paso elevado, onde se atopan as rotondas de enlace co polígono do Pousadoiro.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?