Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow O edificio da Xunta en Pontevedra inaugura unha Galiña azul.
 
 
O edificio da Xunta en Pontevedra inaugura unha Galiña azul.
Martes, 16 Novembro 2010

foto_garderia_xunta_100.jpgPONTEVEDRA> A gardería dispón de 36 prazas, exclusivas para funcionarios, para pequenos de 0 a 3 anos.

Esta mañá inaugurábase a Galiña azul do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo. A Conselleira de Traballo e Benestar considera un logro a creación desta gardería, unha forma mais de ratificar o compromiso da Xunta, dixo, ca conciliación da vida laboral e familiar. Neste caso, prioritariamente para os funcionarios, empregados da Xunta de Galicia

Segundo Mato, a creación de prazas para educación infantil non remata aquí. Ao longo de dous mil once terá funcionando preto de dúas centas prazas mais, as das escolas infantís de A Parda e A Universidade de Pontevedra. Beatriz Mato asegura así, que a fin de ano terán aumentado nun trece por cento as prazas de escolas infantís en Galicia.

A Conselleira de Traballo anuncia tamén que, rematarán a lexislatura en dous mil trece con catro mil cincocentas novas prazas, cumprindo co obxectivo do Tratado de Lisboa, da Unión Europea, que esixe un trinta e tres por cento de prazas en cuanto a nenos de cero a tres anos.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?