Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow 'Ningúén sen dereitos. Ninguén sen fogar'
 
 
'Ningúén sen dereitos. Ninguén sen fogar'
Venres, 26 Novembro 2010

CARITAS_INTERPARROQUIALcopy.jpgVILAGARCÍA> Este é o lema da campaña de sensibilización que ven de lanzar Cáritas para conmemorar o Día dos Sen Teito.

Cada día pasan por estas instalacións unhas cincuenta e dúas persoas para facer uso do comedor social. Uns datos que se viron incrementados con respecto ó ano pasado.

Ata alí desprázanse non só persoas con algunha adicción senón tamén moitas mulleres, pensionistas e inmigrantes. E é que xa non se trata só de axudar a persoas sen fogar senón tamén a familias que debido á situación económica na que se ven inmersos, obrígalles a pedir axuda a centros coma este. Para eles, desde Cáritas Parroquial deseñaron un programa específico que consiste na entrega semanal de paquetes de comida.

En Cáritas non só ofrecen o servizo de alimentación senón tamén o de lavandería, roupeiro, atención primaria, acompañamento a enfermos, entre outras moitas máis. Se falamos das persoas sen teito a labor non se queda aí. O máis importante, sen dúbida, é o traballo que fan para reinserir a estas persoas na sociedade.

Confesan, ademais, é a propia sociedade a que ten que axudar a radicar esta situación. Nesta asociación unha media de douscentos voluntarios colaboran desinteresadamente.

Por iso, Cáritas Parroquial ven de lanzar unha campaña de sensibilización. Baixo o lema ‘ninguén sen teito. Ninguén sen fogar’ conmemoran o Día dos Sen Teito que é o vindeiro vinte e oito de novembro.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?