09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Lousame contará cunha Aula Senior da UNED para o curso 2015-16

Xul 27 Escrito por 
LOUSAME> A iniciativa, que foi presentada esta mañá no concello, ofertará cursos formativos para maiores de 55 anos en temas relacionados con agricultura ecolóxica, a gandeiría ou o sector forestal.
O albergue de Toxosoutos converterase a partir do mes de outubro na aula da UNED-Senior en Lousame, na que se ofrecerán cursos formativos a maiores de 55 anos relacionados cos “saberes rurais”, aqueles relacionados co desenvolvemento agrícola, gandeiro, cultural e forestal do noso rural. A iniciativa que foi presentada esta mañá no concello supón un paso máis para a conservación de todo ese saber rural segundo sinalou a propia alcaldesa, Teresa Villaverde. O director da UNED-Coruña, Germán Carro Fernández, indicou que a aula da UNED-Senior de Lousame nace como unha resposta ás necesidades formativas da xente maior nas áreas rurais, aínda que tamén busca aproveitar os seus coñecementos e as súas experiencias Pola súa banda o coordinador da UNED-Senior da Coruña, Luís Ángel Rodríguez Patiño, fixo referencia na importancia da aula da UNED-Senior de Lousame para recuperar a memoria dos maiores, pero tamén como instrumento para que outra xente con formación en Lousame poida colaborar coa aula e atopar traballo. A aula da UNED de Lousame botará a andar na primeira semana de outubro. As inscricións poderán realizarse ata o 25 de outubro na Casa da Cultura ou a través da propia UNED.
Etiquetado como MurosNoia    Lousame    aula senior    uned    toxosoutos    saberes rurais   
Modificado por última vez no Luns, 27 Xullo 2015 18:51

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Chicote convértese no mellor embaixador do berberecho de Noia
    NOIA> Inauguradas as segundas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia que nesta edición tiveron como convidado ó cociñeiro Alberto Chicote. Durante toda a fin de semana seguirán a desenvolverse conferencias e actos paralelos que culminarán coa degustación popular prevista para o domingo.
  • Muros demanda novas partidas nos orzamentos da Xunta
    MUROS> O goberno de Muros trasladará á Xunta, a través do grupo parlamentario de En Marea, a inclusión dunha serie de necesidades a incluír nos orzamentos autonómicos.
  • Muros súmase á campaña 'En Negro' contra a violencia de xénero
    MUROS> O concello de Muros acollerá este venres unha concentración en contra da violencia de xénero enmarcada no programa dos Concellos en Negro.
  • Chicote abrirá as II Xornadas do Berberecho de Noia
    NOIA> Alberto Chicote será o encargado de abrir as Xornadas de Exaltación do Berberecho que arrancan en Noia o próximo xoves. Ademais de visitar os bancos marisqueiros e a lonxa de Testal, o televisivo cociñeiro ofrecerá unha clase maxistral.
  • Serra do Barbanza penalizará a FCC polos incrupimentos na recollida do lixo
    MUROS> Os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza contan cunha nova pá cargadora para a recollida de lixo. A adquisición deste vehículo, xunto ó alugueiro de tres camións, contribuirá a normalizar o servizos. Mentres tanto, a entidade acordou impoñer unha nova penalidade á empresa adxudicataria por unha serie de incumprimentos.
  • A mellora do paseo de Esteiro comezará esta semana
    MUROS> O Ministerio de Medio Ambiente iniciará esta semana as obras do paseo marítimo de Esteiro. A actuación, que supera os oitocentos mil euros, contempla a substitución de todo o pavimento e mobiliario urbano.
HomeBARBANZA - NOIALousame contará cunha Aula Senior da UNED para o curso 2015-16 Top of Page

Síguenos en facebook