09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Deputación da Coruña destina trinta millóns de euros o Plan de Emprego Local

Abr 14 Escrito por 
A CORUÑA> A Deputación da Coruña aposta forte en materia de políticas laborais. Este xoves presentábase o novo plan de emprego local ó que o ente provincial destinará trinta millón de euros, ata o ano 2019. O obxectivo é a creación de tres mil empregos directos.
Dende a súa chegada á Deputación da Coruña, o actual equipo de goberno fixou como prioridade a promoción emprego. Con este obxectivo, investirá ó longo da presente lexislatura trinta millón de euros nun plan transversal de emprego que contribuirá á creación de tres mil postos de traballo tanto no ámbito público como no privado. No primeiro, aportará unha importante inxección ós concellos para a contratación de persoal municipal. Con respecto á iniciativa privada, incentivarase o emprendemento e a contratación de persoal a través de axudas a pemes e autónomos. Malia que o emprego non é competencia directa das administracións provinciais, dende a Deputación da Coruña aposta por unha estratexia global para facer fronte á lacra do paro que debe incidir nos colectivos con maior risco de exclusión laboral. Trátase dun plan moi ambicioso que multiplica por seis os recursos que se viñan destinando ó fomento do emprego. Ademais, dende a entidade traballan xa para conseguir fondos doutros organismos, acolléndose ós distintos programas europeos de emprego.
Etiquetado como Coruña    Deputación A Coruña    Emprego   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
  • O PEL da Deputación crea máis de 1400 postos de traballo en tan só un ano
  • O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo
    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés.
  • A Deputación da Coruña incrementa nun 20% o servizo de teleasistencia domiciliaria
    BARBANZA> A área de Servizos Sociais inviste neste programa preto dos 500 mil euros, dando resposta ós 88 concellos con menos de cincuenta mil habitantes da provincia. Con este programa de teleasistencia domiciliaria que desenvolve a Deputación da Coruña, a través da área de Servizos Sociais, búscase promover o benestar das persoas maiores, persoas con diversidade funcional e dependentes. O servizo botaba a andar no ano 1999, aínda que foi nestes últimos anos cando experimentou un aumento progresivo na súa demanda, dando resposta ós 88 concellos da provincia con memos de 50 mil habitantes. Na actualidade a Deputación é o organismo que asume o custe íntegro do programa, cunha achega económica de preto dos 500 mil euros. Trátase en definitiva dun servizo que vén a dar seguridade e confianza ás persoas que máis o necesitan, permitíndolles poder estar en contacto con persoal especializado as 24 horas do día os 365 días do ano, axudándoos ante calquera situación de emerxencia que puidera ocorrer.
  • A Deputación mellorará a accesibilidade ás praias da Torre e o Pazo en Rianxo
    RIANXO> En total investiranse preto dos corenta mil euros que serán destinados a rehabilitar as pasarelas de madeira e en instalar aseos adaptados. A institución provincial levará este venres a pleno a aprobación dun proxecto para rehabilitar os accesos e mellorar as dotacións do paseo marítimo de Té e as praias do Pazo e a Torre. As obras terán un orzamento total de preto dos 40 mil euros, dos cales a Deputación aportará o 80%, ó redor duns 31 mil euros, e incluirán a rehabilitación da ponte peonil que conecta os dous areais, así coma as pasarelas de acceso ós mesmos. A actuación verase tamén complementada coa instalación de dous novos aseos no parque situado na zona da antiga conserveira.
  • Setenta desempregados do Barbanza formaranse en catro obradoiros
    BARBANZA> A comarca do Barbanza contará con catro obradoiros de emprego que ofertarán setenta prazas formativas. Para o seu desenvolvemento, a Consellería de Economía achegará máis de oitocentos mil euros.
HomeBARBANZA - NOIAA Deputación da Coruña destina trinta millóns de euros o Plan de Emprego Local Top of Page

Síguenos en facebook