• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Cumprir o soño de concibir unha vida

Out 31 Escrito por 
SANTIAGO> A maternidade tardía, cada vez máis frecuente na nosa sociedade polo estilo de vida actual, así como as consecuencias que ten na reprodución o cancro de mama, o de maior impacto na muller, fan que cada vez sexan máis as que optan pola conxelación dos seus óvulos.
  A infertilidade é un problema que afecta a unha de cada seis parellas en idade fértil. Por sorte para estas persoas existe centros que empregan as técnicas máis avanzadas para conseguir que mulleres e homes con problemas de fertilidade poidan cumprir o seu soño de ter un bebé. Hoxe visitamos un deles, a Clínica Zygos en Compostela. Zygos é o único centro de reproducción asistida de España que ofrece tódolos tratamentos de fertilidade. A causa da esterilidade, no 45 por cento das parellas é feminina, e no 40 por cento, masculina.  A conxelación de óvulos é tamén cada vez máis frecuente, sobretodo noutros países, debido ó ritmo de vida e laboral que levan as mulleres. Ademais, este tratamento permite ás que pasaron por proceso oncolóxico, moitas veces causante de problemas de fertilidade, a posibilidade de ser nai. Non só as mulleres, os homes tamén poder ter problemas de fertilidade…Ter un fillo, para que o desexa e non pode de xeito natural, a reprodución asistida convértese nun milagre feito realidad, grazas ó avance da ciencia. A doutora Graña é moi consciente cando ve as caras daqueles que saen cunha nova cida concebida.  
     
Etiquetado como Barbanza    Santiago    clinica zygos    reproducion asistida    conxelacion de ovulos    infertilidade   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Atopan restos dun ritual de santería na Curota
    POBRA> Tres polos mortos, medio coco, flores e unha botella de licor. Esta sinistra estampa foi a que atoparon uns veciños da Pobra que este domingo paseaban pola Curota. Restos dun suposto ritual que podería ter como obxecto final a purificación.
  • Arquivada a causa contra os ex-dirixentes da confraría de Cabo de Cruz
    BOIRO> A Xustiza arquivou a causa contra os exdirixentes da confraría de Cabo de Cruz por un presunto delito de fraude de subvencións. Con sobresemento provisional do caso dase carpetazo ó proceso no que o expatrón maior e a expresidenta das mariscadoras estaban acusados de apropiación indebida, falsidade documental e estafa.
  • AMICOS aposta pola contaminación cero
    RIBEIRA> A asociación AMICOS converterase na primeira entidade de España en medir a súa pegada de carbono. Ó longo deste ano medirán as súas emisións de CO2 que compensarán ambientalmente coa prantación de árbores.
  • O sorteo da Primitiva de onte deixou un premio de 82 mil euros en Rianxo
    RIANXO> O boleto premiado con cinco acertos máis o complementario foi selado na administración ‘O Mexillón de Ouro’. Durante toda a mañá, nada máis ter coñecemento da nova, foron moitos os clientes desta administración de lotarías ‘O Mexillón de Ouro’, situada na rúa de Arriba, os que se achegaron a comprobar se o seu boleto era o que resultara agraciado no sorteo de onte da Primitiva. En total 82 mil euros. Cinco números máis o complementario. Polo de agora descoñecese a identidade do afortunado ou afortunados, aínda que todo apunta a que se trate de alguén da vila.
  • A alta mortaldade do berberecho compromete a súa recuperación en Arousa
    POBRA> Malas novas para os mariscadores de Arousa que confiaban na recuperación do berberecho de cara á presente campaña. Sen embargo, nas últimas semanas detectouse unha alta mortaldade da especie que fai pensar novamente na marteilia.
  • O proxecto de remodelación do mirador da Pedra da Rá opta a outro premio
    RIBEIRA> A obra de remodelación do mirador da Pedra da Rá en Ribeira volve a optar a un novo galardón, despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta vez opta ós VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor. A obra deseñada por Carlos Seoane atópase entre as 21 obras finalistas a este certame cuxo fallo darase a coñecer no mes de novembro. Xunto ó miradoiro de Pedra da Rá, optan ó galardón o Museo das Coleccións Reais de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada ou o Auditorio de Lugo, entre outras.
HomeBARBANZA - NOIACumprir o soño de concibir unha vida Top of Page

Síguenos en facebook