09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O alumnado do CRA de Rianxo degusta un Almorzo Saudable

Feb 14 Escrito por 
RIANXO> 74 nenos e nenas do Centro Rural Agrupado de Rianxo participaron esta mañá na actividade Almorzos Saudables, coa que descubriron o beneficio que supoñen as conservas na súa dieta. A xornada forma parte da programación do CRA para o fomento de hábitos de vida saudable.  
  Estes son algúns dos almorzos habituais dos 74 nenos e nenas de infantil do Centro Rural Agrupado de Rianxo. Pero hoxe, na Aula Activa do municipio, cambiaron o chourizo...pola sardiña. E o resultadon foron estes “Almorzos saudables”. Isto é o que persegue esta actividade que hoxe realizaron estes alumnos rianxeiros, en colaboración coa empresa local de conservas Cortizo. Primero foi a parte teórica. E trala explicación teórica, chegou a práctica. Seguramente, a parte que lle quedou más clara a este cativos. A xornada de hoxe foi só a primeira das distintas actividades que confirman a programación do CRA de Rianxo na que mestura diferentes aspectos de cultura científica, produtos do mar e hábitos de vida saudables. A seguinte será en marzo. Unha aposta escolar polo coñecemento científico e medioambiental para achegarnos e aprender a respectar ó noso entorno e á nosa cultura, ó tempo que gozamos do sabor dun bo bocado.    
Etiquetado como Barbanza    Rianxo    cra    centros rurais agrupados    Sociedade    Educación    habitos saudables    Conservas    Alumnos   
Modificado por última vez no Martes, 14 Febreiro 2017 18:30

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Ribeira acollerá este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo
    RIBEIRA> Na proba tomarán parte os mellores taekwondistas galegos que agardan poder obter praza para o Nacional. O pavillón municipal da Fieiteira converterase este sábado pola mañá no centro de tódalas miradas para os afeccionados ó taekwondo coa disputa do Campionato Galego Absoluto. A cita está organizada polo club anfitrión, o Natural Sport e a Federación Galega de Taekwondo, e conta coa colaboración do propio Concello. No campionato tomarán parte un total de 25 clubs, ó redor de cento vinte loitadores, que competirán en distintos pesos e categorías. Del sairán ademais os representantes galegos que acudirán ó nacional. O club anfitrión participará neste torneo con varios loitadores, agardando facer un bo papel e repetir os éxitos acadados en anos anteriores, aínda que nesta ocasión non van de favoritos. Dende o executivo local destacaron a importancia que ten para a localidade o feito de poder acoller este tipo de probas, animando ós veciños a acudir ese día ó pavillón municipal. Aproveitarase este campionato para dedicalo tamén ó rexeitamento da violencia de xénero.
  • O PP pide explicacións sobre os usos da antiga escola do Camiño Ancho
    POBRA> Os populares denuncian que está a ser empregada coma vivenda social sen aprobarse aínda un regulamento municipal sobre os seus usos. Despois de presentar a correspondente denuncia na Policía Local, na que se constata a veracidade dos feitos. O PP decidiu presentar no Concello un escrito no que lle solicita ó goberno municipal a autorización outorgada a esa persoa para o uso desa dependencia municipal ou se as instalacións cumpren cos requisitos legais para o seu uso coma vivenda. Dende o Concello quixeron aclarar esta situación. O alcalde confirmou de que non é a primeira vez que se dá, e en anteriores ocasións xa se acolleu a outros veciños sen recursos ou que estaban pasando por dificultades.
  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
HomeBARBANZA - NOIAO alumnado do CRA de Rianxo degusta un Almorzo Saudable Top of Page

Síguenos en facebook