Lousame, a Pobra e Rianxo xa dispoñen de novo material para a loita contra a vespa velutina

    LOUSAME>A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fíxolle entrega os alcaldes destes concellos de tres pértegas que permitirán a eliminación dos niños a gran altura. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, entregou ós concellos de Lousame, Pobra do caramiñal e Rianxo diverso material de loita contra a vespa velutina, ó ser os tres municipios colaboradores do Plan de vixilancia e control desta especie invasora.. Neste caso trátase dunha pértega de 27 metros de lonxitude que se empregará para a retirada ou inactivación daqueles niños existentes a gran altura. Segundo explicou a propia Belén do campo a entrega deste material por parte da Xunta súmase ó xa distribuido noutros concellos colaboradores, onde tamén se están entregando trampas e doses de líquido atraente, co obxectivo de capturar as raíñas que saen precisamente nesta época da súa hibernación e impedir así a formación de novos niños. Os tres concellos agradeceron a entrega deste material que será empregado polas respectivas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, os cales aproveitaron tamén a ocasión para solicitar a realización de cursos de formación para o manexo deste novo material, así como tamén cursos básicos e de especialización para a eliminación desta especie invasora que está a causar unha gran alarma social. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/reparto_material_proteccioncivil_vespa_velutina3003171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/reparto_material_proteccioncivil_vespa_velutina300317.mp4{/flowplayer}