Porto do Son, á cabeza de instalacións culturais na comarca

casacultura.jpgPORTO DO SON> O concello de Porto do Son conta cunha nova casa da cultura na parroquia de Portosín.

{flowplayer}barbanza/casaculturaportosin.flv{/flowplayer}

Tras sete anos de espera, os veciños de Portosín contan xa cunha moderna casa da cultura que permitirá mellorar os servizos e acoller unha programación máis ampla que o anterior inmoble.

O acto oficial de inauguración tivo lugar este sábado e contou coa presenza da deputada provincial de Cultura da Deputación posto que o organismo provincial permitiu dar o pulo definitivo á instalación, que finalmente contou cun investimento de 1’6 millóns cofinanciados polas tres administracións: local, provincial e autonómica.

Amplo equipamento

Destaca principalmente do edificio a amplitude do seu auditorio co escenario máis grande de todo o concello. Tamén conta cunha aula de informática dotada de doce ordenadores, unha biblioteca con seccións de galego e castelán, unha sala de lectura e unha aula para conferencias e cursiños. Instalacións mediante as que se poderán promocionar a cultura sonense converténdose nun reclamo para os visitantes.

Coa posta en marcha deste novo servizo, o concello de Porto do Son cumpriu o seu obxectivo de dotar de instalacións axeitadas a cada parroquia do municipio, contando na actualidade con oito casas da cultura.

Redacción Barbanza