Támara Echegoyen e Manicha Bermúdez, Cebolas de Ouro 2012

    SANXENXO> As galardoadas recibiron os premios de mans da alcaldesa Catalina González e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

    {flowplayer}images/salnes/PremiosCebola2012_040912.flv{/flowplayer} 

    A campiona olímpica de vela Támara Echegoyen e a cociñeira e coopropietaria do Hotel Rotilio Manicha Bermúdez, foron galardoadas este ano coas Cebolas de Ouro, que se entregaron esta mañá nun acto celebrado na Praza dos Barcos. Dende o concello de Sanxenxo recoñeceron así o traballo de dúas mulleres que basean o seu éxito no esforzo e nas constancia.

    Támara Echegoyen pola súa parte, quixo facer un agradecemento especial a outra regatista Lara Cacabelos, natural de Sanxenxo, e que foi a súa compañeira rival na carreira ós Xogos de Londres.

    No acto estiveron tamén presentes numerosas autoridades políticas como o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, ou a Conselleira do Mar Rosa Quíntana. 

    Nos concursos, a cebola máis grande, de 1,600 quilos presentouna María Dolores Casal, que levouse 300 euros de premio. A ristra de cebolas máis longa foi a Yudith María Dos Reis, cunha lonxitude total de 315 metros mentres qe o premio á mnellor representación creativa foi para Dolores Ferreiro por ‘A Lanzada’.

    Redacción Salnés