• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PONMO levará a moda ás rúas pontevedresas na súa segunda edición

Xun 17 Escrito por 
PONTEVEDRA> PONMO 2014 encherá as rúas e prazas de Pontevedra de moda. A segunda edición deste evento celebrarase os días 26 e 27 de setembro, e busca escapar da forma tradicional das pasarelas de moda.
  A cidade repite este ano a súa pasarela. Pontevedra Moda volverá a traballar para potenciar a capital, cunha novidade que consigue un maior vencello entre o evento e o entorno. A pasarela PONMO celebrarase os días 26 e 27 de setembro. A primeira xornada será o certame de novos deseñadores; a segunda, será o desfile dos creadores xa consolidados que se celebrará no entorno da Ferrería. Dos deseñadores que acudirán á cita, só está confirmada a firma da creadora italiana afincada en Madrid Sonia Giordani. Polo demais, PONMO completará a súa programación con actividades relacionadas coa moda, ademais dunha campaña gráfica que correrá ao cargo de Marcos Suárez, fotógrafo pontevedrés.  
 
Etiquetado como PONMO 2014    Moda    Pasarela    Pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Case 700 Gardas Civís participaron no dispositivo contra o lume
    PONTEVEDRA> Recoñecemento aos Gardas Civís que participaron no operativo contra a vaga de lumes do pasado domingo. A subdelegada do Goberno en Pontevedra visitou esta mañá a comandancia para agradecer aos axentes o seu esforzo e dedicación nesta crise. Só o domingo mobilizáronse 680 axentes, algúns de vacacións ou de baixa, que coordinaron a evacuación de 1.700 persoas na provincia. 680 Gardas Civís participaron o pasado domingo 15 no operativo que loitou contra a vaga de lumes que afectou a provincia de Pontevedra. Moitos estaban de baixa, de vacacións ou francos de servizo, pero ao coñecer a situación incorporáronse ao traballo para enfrontarse a unha das xornadas máis difíciles da súa vida profesional. Os axentes combateron o lume e coordinaron a evacuación de 1.700 persoas en toda Pontevedra. Participaron todas as unidades: Tráfico, Seprona, servizo de desactivación de explosivos e incluso o servizo marítimo, pelexaron para cortar o avance das lapas. A estrada AG-57, a autovía das Rías Baixas co atasco no túnel da Cañiza e, sobre todo, a situación que se viviu na aldea de Chandebrito, en Nigrán, na que 16 policías quedaron cercados polas lapas, foron os momentos máis complicados desta vaga de lumes que deixou catro mortos. En canto ás causas da vaga de lumes, o responsable da Comandancia apunta que se mesturaron incendios intencionados, os causados por imprudencias e os provocados polo típico efecto espello. A Policía Xudicial mantén aberta unha investigación con varias liñas de traballo, unha delas que apunta á existencia dun posible grupo organizado en Pazos de Borbén.
  • Os comuneiros culpan dos lumes á falta de xestión forestal
    PONTEVEDRA> Os comuneiros de Pontevedra piden compromiso das Administracións e da cidadanía para evitar que se repita a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, que exista unha trama organizada trala situación do domingo, e sinalan unicamente á falta de xestión forestal como responsable. As comunidades de montes de Pontevedra esixen a implicación de sociedade e administracións para evitar que se produzan situacións como a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, a teoría da Fiscalía Superior de Galicia que abriu dilixencias para determinar a posible existencia dunha trama organizada tralos incendios. Para a Mancomunidade, o que se está a producir en relación cos lumes é unha vergoña. Advirten, ademais, de que a situación podería ser moito peor de non comezar as chuvias. Ante esta situación, inciden que a prevención é fundalmental. Por iso, critican a política forestal da Xunta e as dificultades para acceder ás liñas de axuda. Só neste ano, administración autonómica desestimou 238 peticións de axudas de comunidades de montes galegas. Piden, ademais, que os días non borren a rabia que fixo que a cidadanía saira á rúa para protestar pola vaga de lumes. Tamén reclaman á Xunta varias medidas, como a reforestación da superficie queimada, a retirada do criterio de densidade de poboación na concesión de axudas e a coordinación entre Medio Rural e Patrimonio, entre outras.
  • Os socialistas demandan a modificación da Lei de Montes
    Pontevedra> O PSOE presentará no pleno da Deputación e en todos os concellos da provincia unha moción sobre a vaga de lumes sufrida en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que non se poden cometer erros en políticas de extinción e demandan, con urxencia, unha nova lei de montes.
  • En Marea considera imprescindible abrir un debate sobre o modelo de ordenación do territorio
    Pontevedra> Denuncias tamén dende o grupo En Marea. O voceiro deste partido estivo hoxe en Pontevedra, Luis Villares, considera que as axudas que anunciou a Xunta, ante a vaga de lumes, son imprescindibles e insuficientes. Villares cree que o Goberno Galego debe abrir un profundo debate sobre o modelo de ordenación do territorio na nosa comunidade.
  • Pontevedra tínguese de rosa neste 19 de outubro
    Pontevedra> Neste 19 de outubro conmemórase o día mundial contra o cancro de mama. Dende a Asociación contra o Cancro de Pontevedra tinguiron a cidade de rosa cun lema moi claro: a túa loita e a nosa loita, e cunha mensaxe en positivo onde din que coa celebración desta data se lembra que o cancro de mama se pode superar.
  • Duras críticas do PP ao Goberno Local pola falta de xestión no Servizo de Axuda ao Fogar
    Pontevedra> Este mércores, 18 de outubro, vence a prórroga do contrato asinado coa empresa Clece para o Servizo de Axuda no Fogar. Dende o PP denunciaron esta mañá este feito e dixeron que se trata dun exemplo máis de que o BNG non ten os deberes feitos en tempo e forma.
HomePONTEVEDRAPONMO levará a moda ás rúas pontevedresas na súa segunda edición Top of Page

Síguenos en facebook