• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Chega a 4ª edición de PonteJam

Out 27 Escrito por 
PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presenta a nova edición de PonteJam, un encontro no que a partir da creatividade e o traballo en equipo se crearán proxectos innovadores que pretenden xerar un cambio no mundo. O evento, de carácter internacional, terá lugar o próximo sábado 31 na Casa da Luz.
  Este ano a cuarta edición de PonteJam, a segunda que se fai con carácter público, centrarase na sustentabilidade e 25 participantes  acompañados de diversos mentores tratarán de crear servizos e plasmar as súas ideas en diversos proxectos que tentarán dar solución a dificultades ou problemas da sociedade só coa axuda da súa creatividade. Un dia enteiro de traballo onde o que se procura por parte da organización non son tanto o número de proxectos que nacen del senón o desenvolvemento dunha competencia do mundo laboral como é a creatividade. Este evento celebrase simultaneamente en máis de 50 países de todo o mundo o vindeiro sábado 31 de outubro e a todos se lles presentará un mesmo reto ao que atopar un sentido. Cun custe de 15€, os interesados en participar deben inscribirse na páxina web de PonteJam.  
 
Etiquetado como Pontevedra    concello   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • As visitas cruzadas pechan a súa primeira edición cun éxito de participación
    Pontevedra> Quico Cadaval e Iria Collazo foron os encargados de pechar a primeira edición das visitas cruzadas ao Museo de Pontevedra. Dende a Deputación fan un balance máis que positivo destes encontros que tiveron como fin, achegar a arte do museo dente outros puntos de vista. O Deputado da área de Cultura xa nos confirmou que está pensando na segunda edición.
  • Tensión no pleno da Deputación
    Pontevedra> Pleno movidiño hoxe na Deputación de Pontevedra. César Mosquera, presidente accidental pola ausencia de Carmela Silva, tivo encontronazo coas populares Elena Muñóz e Nidia Arévalo. A queixa da eliminación dunha moción do PP e o exceso de tempo foron os asuntos que fixeron do de hoxe, un pleno máis tenso do habitual.
  • Moreira cree que "Lores está atormentado e o Goberno Local descoordinado"
    Pontevedra> Dende o PP local de Pontevedra criticaron duramente a xestión nestes dous anos de mandato de Lores na cidade do Lérez. Jacobo Moreira cree que nos atopamos ante un alcalde atormentado e un goberno descoordinado. O líder dos populares di que Pontevedra leva dous anos perdidos e esa será a tónica xeral do restante de lexislatura.
  • Pontevedra é, nestes días, a "capital" da cidade dos nenos
    Pontevedra> A primeira hora da mañá, a presidenta e o vicepresidente da Deputación, recibían no Pazo Provincial aos participantes no encontro da rede española de Cidades dos nenos. 22 concellos de toda España danse cita neste evento, que ten como fin, aumentar a autonomía dos nenos tanto dende o punto de vista educativo como do espazo urbano.
  • O PP considera que a compra do inmoble dos Ferreiros é un "capricho de Lores"
    Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra visitou esta mañá as instalacións das oficinas do antigo edificio do Banco de España. Jacobo Moreira considera que a compra, por un valor de 1,2 millóns de euros do edifico na rúa dos Ferreiros, é un capricho de Lores. O líder do PP cree que Pontevedra conta con espazos máis adecuados para albergar os servizos de xestión tributaria, como os que visitou esta mañá na compaña de responsables da empresa SEGISPA.
  • Agís non ve coherente que Gonzalo Pita forme parte do novo goberno de Sanxenxo
    SANXENXO> Roberto Carlos Agís, ex socio de goberno de Gonzalo Pita, recoñece que non lle sorprende que Telmo Martín se converta en alcalde de Sanxenxo, pero critica que Gonzalo Pita forme parte do novo "bipartito".
HomePONTEVEDRAChega a 4ª edición de PonteJam Top of Page

Síguenos en facebook