Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O BNG pide que se recupere o antigo empedrado da praza da igrexa
 
 
O BNG pide que se recupere o antigo empedrado da praza da igrexa Imprimir Correo electrónico
Martes, 16 Xuño 2009

bngprazaigrexa_100_150609.jpgRIBEIRA> O BNG de Ribeira vén de presentar unha iniciativa solicitando ó goberno municipal que se recuperen as antigas lousas de pedra da praza da igrexa.

As obras que se están a acometer na praza Otero Goyanes con cargo ó Plan E deixaron ó descuberto as antigas lousas de perpiaño do adro da igrexa. Dado que se atopan aínda en bastante bo estado, os nacionalistas piden que se restauren e que se conserven devolvendo a esta praza o seu aspecto orixinal.

A voceira municipal lembrou que, xa no seu día, hai máis de vinte anos, a reforma desta praza suscitara un gran rexeitamento dos veciños que apostaban por manter o pavimento orixinal.

Agora, con motivo das obras que se están a executar, os nacionalistas cren que é o momento de recuperar a pedra orixinal, moito máis acorde co entorno da igrexa.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?