|
'Paz Andrade viviu moitas máis vidas que calquera' |
|
Xoves, 17 Maio 2012 |
VIGO> Galicia rende homenaxe no Día das Letras Galegas á figura polifacética de Valentín Paz Andrade, escritor, galeguista, xornalista e ideólogo.
A cidade de Vigo foi o escenario central dos actos desenvolvidos pola Xunta e pola Real Academia Galega. O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, presidiu ó mediodía a sesión plenaria extraordinaria, e pública, da Real Academia Galega, celebrada na Fundación Barrié, na que se lembrou ó emblemático escritor pontevedrés.
Segundo indicou Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da RAG, 'Paz Andrade foi unha das grandes figuras políticas, do pensamento económico, ensaísta e como poeta é un autor central que atravesa o século vinte gloriosamente'.
O presidente da Xunta inaugurou ademais unha exposición multimedia sobre o autor e no seu discurso definiu a Paz Andrade como o gran pioneiro do galeguismo internacional, poeta en acción, e 'galego ilustre que viviu moitas máis vidas que calquera'.
Redacción Salnés
|