|
A maioría dos vendedores móstranse satisfeitos co cambio |
|
Mércores, 06 Xuño 2012 |
|
RIANXO> Unha semana despois de facerse efectivo o traslado do mercadiño os vendedores aplauden a decisión tomada polo executivo local.
Vai alá unha semana dende que se producira o traslado do mercadiño de Rianxo dende a zona portuaria a carón do auditorio municipal á zona do Campo de Arriba e ás inmediacións á praza Castelao. A pesar de que a medida tomada polo equipo de goberno non era ó principio do agrado de todos, con opinións diferentes para vendedores, clientes e mesmo comerciantes da localidade, o cambio foi adiante. Hoxe a súa opinión mudou e a práctica totalidade dos vendedores que habitualmente instalan o seu posto nel decatáronse da melloría do cambio. Todos coinciden ó sinalar que a nova ubicación é máis idónea, xa que ademais de atoparse no propio centro da vila, a presenza dos árbores resgárdaos ante posible inclemencias metereolóxicas.
Prexudicados
Aínda así, como di o refrán, nunca chove a gusto de todos, no lado oposto os hostaleiros e comerciantes situados nas proximidades da antiga ubicación, que sinalan sentirse prexudicados polo cambio.
Redacción Barbanza
|