| Mañá arranca no campo da Lomba a Arousa Futbol 7 |
| Xoves, 07 Xuño 2012 | |
|
Ó longo da xornada de hoxe irán chegando a Vilagarcía os equipos que dende mañá xogaranse o título da Arousa Futbol 7. Os únicos en facelo con anterioridade foron os brasileiros da Selección de Río, que aterraron o luns e para ir adpatándose ó horario e ás condicións climáticas. O torneo arrancará mañá moi cedo, ás 09:15, cun Celta de Vigo-Pabellón de Ourense, que dará paso a un Inter de Milán-Sevilla. O Barcelona debutará ás 10:25 ante o Porto, mentres que o Real Madrid vaino facer ás 11:00 fronte ó Montañeros. O partido máis agardado, o clásico entre merengues e culés quedará para o sábado ás 11:55. Dúas das grandes novidades que presenta o torneo este ano son a presencia de Marca Tv, que retransimitará varios encontros, incuída a final, que se xogará por primeira vez, e este é a outra novidade, o domingo ó mediodía. Os favoritos ó título, coma sempre Barça e Madrid, ademais do actual campión e gran dominador do torneo nos últimos anos, o Inter de Milan. Español ou Valencia, equipos moi ben traballados, poderían ter tamén as súas opcións de victoria. Todo listo para que arranque un torneo consolidado como un dos mellores a nivel mundial en categoría alevín. Coma sempre haberá que estar atentos a cada rapaz, cada detalle que nos deixen os que dentro duns anos serán estrelas deste deporte. Redacción Salnés |