Informe favorable para a urbanización do polígono de Té
Luns, 02 Xullo 2007

RIANXO > A Consellería de Medio Ambiente vén de emitir o informe favorable para a urbanización do polígono industrial de , en Rianxo. A tramitación do proxecto, que ocupará unha superficie de 335 mil metros cadrados, está pendente agora do estudo de Política Territorial.

poligonote_300_020707.jpgSe as xestións se axilizan podería incluirse no último consello da Xunta antes das vacacións para non ter que agardar ata setembro, cando se retome a actividade administrativa. A aprobación do estudo ambiental favorable, que vén de ser remitido pola delegación provincial da Coruña á Consellería de Medio Ambiente para a súa ratificación definitiva, supón un novo paso adiante no proxecto do polígono empresarial de Té.

O novo parque, contaría cunha superficie de 335 mil metros cadrados, que virían satisfacer as vellas demandas do empresariado rianxeiro que levan anos denunciando a escaseza de chan industrial. Despois da aporbación deste estudo, tan só resta o informe de Política Territorial. O concello agarda que os trámites se axilicen co fin de incluí-lo proxecto no último consello da Xunta, evitando que se demore ata despois das vacacións.

Nestes días, a Consellería de Medio Ambiente tamén fixo chegar ó concello un informe sobre as modificacións a introducir no Plan Xeral de Ordenación Municipal para poder ser aprobado pola Xunta. O documento refírese á incluxsión de xonas de recollido de lixo e espazos protexidos. Os cambios será intriduicdos nas vindeiras comsiións informativas polo equipo redactor do proxecto. Unha vez modificado, o proxecto volverá ser remitido ó organismo autonómico para obter o seu visto bo e poder acelerar, na medida do posible, a aprobación do documento urbanístico.

Redacción Salnés