| Despregue de autoridades na inauguración do Parque Empresarial de Abalo |
| Mércores, 18 Xullo 2007 | |
|
CATOIRA > Anque finalmente non estivo o presidente da Xunta, tal como estaba anunciado, sí acudiu a conselleira de Vivenda e Solo, directivos da SEPI e diversas autoridades comarcais, provinciais e galegas. A conselleira destacou a aposta do novo goberno por rematar coas carencias de solo industrial e recorodu que na área de influencia do Salnés pronto estarán en marcha case dous millóns e medio de metros cadrados. A inauguración do parque empresarial de Abalo converteuse en todo un acontecemento político. Numerosas caras coñecidas se deron cita esta mañá en Catoira para asistir ó que o alcalde cualificou como un día histórico para o municipio.
A conselleira de Vivenda e Solo recordou que a medio prazo terán en marcha case dous millóns e medio de metros cadrados de solo empresarial na zona do Salnés que inclúen a ampliación do polígono do Pousadoiro, o parque Vilanova I e a Plataforma Loxística do Salnés.
Hoxe o alcalde defendeu a ubicación do polígono. Alberto García, pediu tamén a ampliación do parque, xa que a demanda para esta primeira fase xa superou con moito a oferta de parcelas. Os criterios que se seguirán para a adxudicación serán os de creación de emprego, inversión, prazos de posta en marcha e medidas medioambientais. Deste xeito as autoridades queren rematar coa especulación evitando a construcción de naves que despois queden baleiras. Redacción Salnés |