| Máis de 3.500 persoas foron atendidas por Cáritas Arousa en 2008 |
| Venres, 03 Xullo 2009 | |
|
VILAGARCÍA> Cáritas Interparroquial de Arousa atendeu o pasado ano a máis de 3.500 persoas. A situación de crise fixo aumentar a demanda en tódolos programas e servizos que promove a entidade, como o comedor social, hixiene, lavandería e roupeiro ou comedor sobre rodas. A maior parte dos atendidos, son drogodependentes, segundo indicou hoxe o presidente na presentación da memoria de 2008. Cáritas continuou o pasado ano con cursos de formación e co proxecto Siembra, que desenvolve no centro de acollida de Sobradelo. Alí dispoñen dunha parcela onde os acollidos cultivan en invernadoiros e ó aire libre. Actividades que buscan a reinserción destas persoas. Cáritas tamén fixo balance económico e en 2008 acabaron cun déficit de máis de 37 mil euros que están a paliar grazas a unhas axudas do Arcebispado. Para este ano, a entidade espera reducir gastos grazas ás achegas altruístas. Francisco Fernández presentou hoxe tamén unha campaña de captación de socios e voluntarios para o comedor social de Cáritas. Redacción Salnés |