O Arcebispado cede un terreo para a construción do tanatorio municipal
Venres, 05 Febreiro 2010

salome_copia100.jpgRIBADUMIA> A corporación municipal decidiu, no pleno celebrado onte, asinar o acordo. O Concello cederá unha parcela no polígono da Carballeira.

O terreo no que se vai construír o tanatorio municipal está situado ó lado da Igrexa de Ribadumia, e conta cunha extensión de máis de 1.400 metros cadrados. Así, o concello se compromete a ceder ó Arcebispado unha parcela en Barrantes no momento no que se execute o polígono 3, na Carballeira. Segundo a alcaldesa, Salomé Peña, este convenio é importante porque permite acceder a un terreo cunha localización idónea.

No caso de que o concello incumpra o contrato deberá abonar 50.000 euros. Ademais, o goberno local comprometeuse a recalificar a parcela que o Arcebispado ten preto do cruceiro vello, como chan urbano directo. A oposición queixouse de que este convenio só favorece á Igrexa.

A construción do tanatorio municipal levarase a cabo durante este mesmo ano e conta cun orzamento de máis de 454.000 euros. Inclúese no Plan de Investimentos Locais da Deputación de Pontevedra.

Redacción Salnés